miércoles, 21 de junio de 2017

Ata aquí chegamos!

Rematou este traballo, que máis que traballo foi unha diversión na que un grupo de persoas estivemos levando a cabo unha tarefa en común. Os obxectivos que tiñamos ó inicio foron cumpridos con xenerosidade e a actividade conseguiu acadar cousas que outros anos non fora posible. Todo isto temos que agradecerllo por riba de todo ós nosos meteoquirogueses, que puxeron todo da súa parte para levalo a cabo, facilitando moitísimo a coordinación por parte dos profesores, que nos limitamos a organizar e darlle unha estrutura máis ordenada ós datos que eles recolleron.
Finalmente, puidemos levar a cabo un tratamento estatístico dos datos, non moi ambicioso, pero adaptado ó coñecemento matemático que os alumnos deste nivel teñen que adquirir en clase, o que redundou nun beneficio mutuo, tanto a nivel de motivación de alumnado como de aproveitamento das clases.
Todo isto temos que agradecerllo por riba de todo ós nosos meteoquirogueses, que puxeron todo da súa parte para levalo a cabo, facilitando moitísimo a coordinación por parte dos profesores, que nos limitamos a organizar e darlle unha estrutura máis ordenada ós datos que eles recolleron.
Estiveron aí en todo momento, con auga, con frío, con sol e sen necesidade de recordarlles o compromiso que adquiriran co proxecto ó empezar curso, eles mesmos mantiveron ese compromiso desde o primeiro ata o último día. Esperamos que se lle poida dar continuidade a este proxecto e só nos queda por dicir unha cousa a esta xente que vedes na foto:


Moitas grazas!


lunes, 29 de mayo de 2017

Imos rematando

Estamos chegando ó final do camiño, deixaremos de recoller datos a fin de mes e trataremos de ir pechando os obxectivos que nos marcamos, entre eles o traballo estatístico nas clases de Matemáticas, e si, clases en plural, xa que un dos grupos que non participaba no proxecto fixo unha suxestión para aproveitar os datos na realización dun exercicio de clase. De paso, podemos comentar que despois de tanto falar de pouco chover, a cousa non mellorou moito, pero na fin de semana tivemos unhas treboadas que intentaron compensar de forma moi bruta a seca previa.

Como foto deste mes, deixámosvos un arco da vella da primeira quincena.




sábado, 29 de abril de 2017

Abril, auga pouca

O refraneiro popular non está axudando, nós seguimos a recoller datos, pero como xa dixemos en febreiro, pouco chove e neste mes, aínda menos, estamos rematando o mes é so temos datos dun día de precipitación.
Nas imaxes deste mes, temos unha moi propia de zonas húmidas, aínda que xa empeza a verse a seca, e outro dos nosos clásicos, a saída do sol.

(amencer)

(carriza nunha carballeira)


jueves, 30 de marzo de 2017

Tarde de tronada

Esta tarde de avaliacións facía calor e apareceron as nubes para deixarnos unha sensación de pesadez e bochorno, cos posteriores chaparróns que eran previsibles. Aquí temos dúas imaxes do aspecto do ceo.

(O noso instituto)

(máis tarde, en Lugo)



viernes, 24 de marzo de 2017

Rematando o trimestre

Xa case rematamos o trimestre e o proxecto segue avanzando pouco a pouco, pero de forma segura. Os datos seguen a acumularse e xa estamos perfilando un par de ideas para o momento no que podamos traballar con eles na clase de Matemáticas.
No climatolóxico, segue a chover moi pouco. Tal vez, por esas gañas que temos de que chova, imos publicar fotos feitas neses poucos días nos que choveu.

Esta non foi feita en Quiroga, pero o que escribe esto pasaba por alí:

 (Alameda de Ordes despois de chover)

(pingueiras de auga no instituto)



jueves, 23 de febrero de 2017

Saímos en prensa

Onte tivemos un pequeno recoñecemento ó noso traballo coa publicación na Escola de Prensa de El Progreso dun artigo dos nosos alumnos meteoquirogueses Saúl e David, no que fan unha breve reseña do traballo que están desenvolvendo no Proxecto Meteoescolas. Este artigo forma parte doutro dos proxectos no que están traballando estes alumnos, a redacción o xornal "O Eco do Val".
Podedes ler o artigo aquí.


viernes, 10 de febrero de 2017

Imos desconxelando

Non é que faga calor, pero despois da última entrada na que tiñamos os dedos pegados ó teclado co frío, imos subindo algo. As máximas non pasan dos 10º, pero abandonamos o territorio baixo cero, de momento...
Como dato relevante que empeza a destacar, empezamos a ter unha conciencia clara de que chove moi pouco, como ben o indican a cantidade de días en branco que temos nos nosos datos de precipitacións. Xa iremos vendo como segue este dato.

Insistindo un pouco na parte matemática na natureza e lembrando o publicado no pasado mes, aquí tedes outra foto de fractais na natureza, neste caso en árbores.

(árbores de inverno)